O proxecto NACCE busca fornecer o emprendemento TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal - Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. O noso boletín por e-mail conta xa con 2956 lectores. ¡Subscríbete! Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia En español | Novas | Gadgets | Videoxogos | Edición impresa | Top 100 Revista en PDF: Descárgaa xa · O Centro Demostrador TIC celebra o vindeiro 28 de xullo unha xornada sobre a xestión integral de empresas con Software Libre · O presidente da Xunta subliña que a nova Lei de cooperativas permitirá a innovación con novas fórmulas, reforzará o seu compromiso social e afondará na súa autonomía e xestión · O centro demostrador de Galicia acolle mañá a primeira sesión práctica sobre solucións de almacenamento que melloran a seguridade e flexibilidade dos sistemas de información · A Delegación Territorial da Xunta na Coruña xa conta cun servizo de videointerpretación no rexistro xeral que facilitará os trámites ás persoas xordas da provincia O proxecto NACCE busca fornecer o emprendemento TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal luns 11 de xullo do 2011, por Redacción | | Compartir7 | | A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe o proxecto NACCE (Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC), que pretende paliar as debilidades do sector TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, tanto en cantidade de empresas, como en competitividade, como en internacionalización, e que prolongarase ata o 31 de decembro de 2012, para o que conta cun orzamento de 1,18 millóns de euros co financiados por fondos FEDER. NACCE aposta pola creación dun núcleo de cooperación entre todos os axentes implicados no sector, para estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a competitividade das empresas existentes, e, consecuentemente, dinamizar o emprego. Entre os seus obxectivos están promover a economía do coñecemento, favorecer a xeración e a transferencia de profesionais cualificados e coñecemento a ambos lados da fronteira, superar a especialización produtiva desta zona nos sectores tradicionais, fomentar a internacionalización, a competitividade e o emprego, e impulsar a transferencia tecnolóxica entre as universidades e as empresas do sector. Beatriz Mato presentou esta mañá o proxecto NACCEO proxecto liderado pola Consellería de Traballo e Benestar (en colaboración con AGESTIC, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, a Universidade de Vigo, a Asociación Empresarial AIMINHO e a Asociación Centro de Computación Gráfica de Portugal) vai permitir a formación e asesoramento a 150 PEME no desenvolvemento de proxectos comúns, a formación doutros 150 emprendedores e 50 empresas en materia de posta en marcha dunha actividade TIC ou de novas liñas de negocio, a posta en marcha de varias ferramentas para difundir o coñecemento e asesoramento nesta materia e a celebración de 20 mesas de traballo sobre a creación de empresas TIC. NACCE consiste nunha plataforma colaboradora para a creación de empresas TIC, unha rede composta por socios e colaboradores que potenciarán a formación e asesoramento de PEME transfronteirizas co fin de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento, para o que crearase unha rede baseada en tecnoloxías web 2.0, que actuará como catalizador para o avance do sector ofrecendo os apoios e ferramentas necesarios para a internacionalización, o fomento do espírito empresarial e a orientación para implantar novas iniciativas. Grupo Código Cero Comunicación, S.L. Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C 15706 Santiago de Compostela Teléfono-fax:981 53 02 68 redaccion@codigocero.com RSS